top of page

QUEN SOMOS?

Este blog está creado por María García Martínez e Antía Fernández González, estudantes  de 1º de Bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, na asinatura de Antropoloxía.

Pretendemos achegar información útil sobre o burka, xa que vimos que é un tema de actualidade, de polémica, en moitos casos, e estaba relacionado cos temas que tratamos en clase.

COMO SE FIXO?

A idea de crear este blog resultou dunha clase de Antropoloxía . Nesta segunda avaliación tratamos como tema principal " Os Costumes" e pareceunos interesante profundizar nunha delas. Escollimos o burka xa que esa mesma semana houbera un atentado nunha cidade Europea, e días máis tarde, unhas mulleres que pasaron polo lugar donde ocorreron os feitos, foron sinaladas e insultadas como terroristas. Isto inicialmente sorprendeunos xa que non sabiamos o  porque desa  resposta ata que nos demos conta de que levaban unha prenda que a sociedade relaciona con mulsulmáns e co terrorismo: esas mulleres levaban burka. Foi cando entón nos demos conta que nos gustaría destacar este tema e mostrar que non ten porque estar relacionado co terrorismo nin coa violencia.

Para comezar buscamos unha páxina na que nos fose doado de manexar e nos guatara o seu formato. A continuación comezamos a buscar información sobre o tema ,e, tras varias páxinas, varios meses de búsquedas e de intenso traballo obtivemos o blog que estades a mirar.

Para nós, foi todo un obxectivo cumprido e unha satisfacción plena. 

bottom of page