O BURKA
Unha vestimenta moi polémica na sociedade actual
TERRITORIOS ONDE ESTÁ PROHIBIDO O BURKA
ITALIA:
Dende o 1970 prohibiu todas as prendas que tapen a cara. O Partido Político Liga Norte propuxo sancionar con multas de 2.000 euros e penas de cárcere a mulleres que vestisen con burka ou niqab.
FRANCIA:
En Francia o uso do burka, en lugares públicos, está prohibido. Dende o 2004 vetouse nas escolas francesas, tanto públicas como privadas. O expresidente Hollande afirma que o burka é un símbolo de sometemento ás mulleres, e iso, non é benvido no territorio galo.
BÉLGICA :
Foi o primeiro país en prohibir o velo integral nos espazos públicos, ademais de xulgar ao burka como "símbolo de submisión das mulleres e de axuda para a súa deshonorización"
LUXEMBURGO:
Según o goberno: fóra da época de Carnaval está prohibido para calquera persoa aparecer enmascarado/a nas súas rúas, prazas e lugares autorizados salvo que esten autorizados polo acalde.
PAISES BAIXOS:
O 17 de novembro de 2006 vedaron o uso do burka e outras formar de velo islámico xa que estimula problemas de orde público seguridade e protección de persoas.
ÁFRICA:
En 2015, o burka vetouse nos países de África Occidental.
EXIPTO:
Neste país só está prohibido a estudantes e profesores da universidade Al- Azhar.
SIRIA:
Está totalmente contraindicado a estudantes e profesores de universidades, tanto públicas como privadas xa que vai en contra da tradición e dos valores das facultades.